- M O L A R E S C A B A N A -
Este é o meu traballo onde establezo un vínculo entre a realidade exterior e a miña
proxección íntima da mesma. Realizado básicamente en arxila refractaria,
trata de plasmar o fugaz momento creativo e ese máxico instante consciente.
A meirande parte das obras que aquí expoño están inspiradas no entorno que me rodea,
parten da paisaxe e da paisanaxe, dos costumes e dos oficios, e ó fin, pretenden
enaltecer a esencia da Natureza, traballando as texturas e as cores no máis primario
dos conceptos: a forma virxe.
Os materiais cós que conto, sempre nobres, son por tanto a terra, a madeira, e o ferro.
E a arxila é a ligazón, o nexo, a materia que conecta os materiais.